•  Inicio / Centro de Información ás Mulleres
     


    1. ¿Qué é o Centro de Información ás Mulleres?

    O CIM é un servicio gratuíto ó que poden acudir ás mulleres do Concello de Curtis e Comarca Natural (Cesuras, Oza dos Ríos, Aranga, Irixoa, Mesía, Guitiriz , Sobrado dos Monxes, Vilasantar...) para solicitar información e asesoramento xurídico e psicolóxico nas cuestións que lles afecten.


    2. ¿Cales son as nosas funcións?

    • Información e asesoramento xurídico.
    • Atención Psicolóxica.
    • Información sobre os recursos dispoñibles para ás mulleres
    • Orientación profesional
    • Fomento do movemento asociativo e participación das mulleres na sociedade.
    • Atención específica a mulleres víctimas de violencia doméstica / xénero
    • Calquera outra información encamiñada a conseguir a igualdade das mulleres que de forma individual lo soliciten.

    subir

    3. Principios de actuación

    En tódalas actuacións teranse en conta os seguintes principios:

    • Anonimato
    • Respecto á vontade da persoa.
    • Confidencialidade.

    subir

    4. Área xurídica

    Información e asesoramento xurídico de calquera cuestión de tipo legal, fundamentalmente en Dereito de familia (separacións, divorcios, pensións alimenticias, custodias...), Xustiza De balde, así como outros aspectos de dereito como civil, administrativo, laboral.


    subir

    5. Área psicolóxica

    • Atención e orientación ante problemas de índole psicolóxico tales como ansiedade, depresión e baixa autoestima.
    • Apoio e intervencións en caso de malos tratos, e asesoramento en problemas de parella.

    subir

    6. Actividades

    • Información dos recursos da comarca.
    • Realización de charlas, coloquios, exposicións... sobre temáticas de interese para ás mulleres.
    • Colaboración con colectivos e institucións que organicen actividades relacionadas cas mulleres.
    • Campañas de difusión do I Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres.

    subir

    7. Asociacionismo

    • Informar e asesorar ás Asociacións de Mulleres sobre actividades , recursos, subvencións e servicios relacionados cas mulleres.
    • Potenciar o asociacionismo das mulleres e incentivar a relación con e entre ás asociacións existentes.

    subir

    8. Violencia ás mulleres

    A través do Centro de Información Ás Mulleres o Concello ten un servicio gratuito de atención e asesoramento ás mulleres víctimas de violencia onde se lles detecta se a muller corre perigo e se lle informa dos recursos existentes en coordinación coas demais entidades implicadas na atención e protección das mulleres víctimas de violencia (servicios policiais, sanitarios, psicolóxicos, xurídicos e sociais).


    subir

    9. ¿Onde nos emprazamos?

    • No segundo andar da Casa do Concello en Teixeiro. Praza de España nº 1.
      Teléfono: 981 78 90 03
    • Na Oficina Municipal de Curtis. Avda. Xosé Antonio nº 1.
      Teléfono: 981 77 71 05

    subir

    10. Horario

    De luns a venres de 9:00h a 15:00h Xoves de 16:00 a 19:00h
    subir