•  Inicio / Axenda Siglo XXI


    A Axenda 21 é un plan de acción das Nacións Unidas para o desenvolvemento sostible no século 21, aprobado por 173 gobernos na Conferencia de Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento, celebrada en Río de Janeiro en 1992.

    Segundo o informe da Comisión Mundial do Ambiente e do Desenvolvemento (1988), esta é a definición de desenvolvemento sostible:

    "Desenvolvemento sostible é o desenvolvemento que satisfai as necesidades da xeración presente sen comprometer a capacidade das xeracións futuras para satisfaceren as súas".

    O proceso de axenda local pode describirse como o esforzo conxunto dentro dunha entidade local para acadar un consenso entre tódolos sectores dunha comunidade local sobre a posta en marcha e implementación a longo prazo dun Plan de Acción para a Sostibilidade.

    O Concello de Curtis e a Consellería de Medio Ambiente asinaron un convenio co obxectivo de inicia-lo proceso de desenvolvemento dunha Axenda 21 Local, sendo a Auditoría Ambiental o punto de partida do mesmo.

    Descargar os documentos da Auditoría medioambiental da axenda 21 no concello de Curtis.