•  Inicio / Concello / Heráldica e logotipo : Escudo

    Escudo do Concello de Curtis


    Decreto 160/1998, do 22 de maio DOG núm. 108 (8 de xuño de 1998).

    De ouro (amarelo), un carballo da súa cor, terrasado e flanqueado de dúas cruces patadas de gules (vermello); xefe de sinople (verde) con catro estrelas de ouro.
    Ó timbre, a coroa real pechada.

    O carballo heráldico, que se dispón como motivo principal deste escudo, é trasunto do chamado carballo da Nosa Señora, centenario exemplar que se levanta a carón da igrexa de Teixeiro e que goza de xusta fama e significación en toda a comarca, onde esta especie arbórea ten ademais unha presencia moi destacada.

    Como complementos oportunos, tráense dúas crucetas, ou cruces patadas, que queren recorda-los dos núcleos de poboación máis importantes, Teixeiro e Curtis.

    O xefe de verde -alusión ó carácter rural do municipio- e as catro estrelas de ouro son, por último, representación adecuada das catro parroquias que hoxe conforman o termo municipal.